Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2016 Páx. 8916

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 26 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica unha resolución de desistencia da subvención á contratación das persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social, regulada na Orde do 29 de xullo de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 151, do 11 de agosto), relativa ao expediente TR349D 2015/001-5.

En uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), intentada a notificación dos actos administrativos que se indican no anexo no último domicilio coñecido do interesado sen que esta se puidese practicar, notifícaselles á persoa citada no dito anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertíndoas de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor un recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 26 de febreiro de 2016

María Peón Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: TR 349D 2015/001-5.

Nome: Ángel Otero Sorribas.

CIF/NIF: 53178722P.

Último enderezo coñecido: rúa Florida, 32 baixo, 36208 Vigo.

Tipo de axuda: axudas á contratación das persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social.

Contido da resolución: declarar a desistencia da súa solicitude.

Data: 15.12.2015.