Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8718

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO polo que se somete a información pública o texto inicial da addenda ao convenio urbanistico asinado coa Sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A., con data do 14 de marzo de 2012.

Dada a necesidade de modificar os termos e as condicións da xestión e execución do planeamento referente á ampliación do Parque Tecnolóxico de Galicia, con data do 26 de febreiro de 2016 foi negociado o texto inicial da Addenda ao convenio urbanístico asinado coa Sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. con data do 14 de marzo de 2012, por Manuel Pedro Fernández Moreiras, alcalde do concello de San Cibrao das Viñas e Manuel Antonio Rey Varela, en nome e representación da Sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A., propietaria do terreo afectado polo convenio. Por providencia da Alcaldía do 29 de febreiro de 2016, de conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contado desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo, o texto inicial da addenda ao convenio urbanístico poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que formulen as alegacións que consideren pertinentes.

San Cibrao das Viñas, 1 de marzo de 2016

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde