Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8719

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de contratación da prestación do servizo de cafetaría-ambigú no Fórum Metropolitano e o Teatro Rosalía Castro.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de cafetería-ambigú no Fórum Metropolitano e o Teatro Rosalía Castro.

3. Prezo do contrato: canon anual: 2.420,00 € anuais, IVE incluído, cuxa base impoñible ascende a 2.000,00 € e 420,00 € ao IVE correspondente (véxase prego de cláusulas administrativas particulares).

4. Duración do contrato: dous anos desde a data da súa formalización, prorrogable antes da súa finalización por mutuo acordo entre o IMCE e o contratista por anos ata un máximo de catro, incluído período inicial e prórrogas.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 10 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avda. A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Teléfono: 981 18 42 00. Ext. 12053. Perfil de contratante: www.coruna.es. Enderezo de correo electrónico: a.canosa@coruna.es.

10. Clasificación: non se exixe.

11. Criterios de adxudicación: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Presentación de proposicións: prazo de 15 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou o Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique, finalizando ás 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE. Avda. A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña (véxase prego de cláusulas administrativas particulares).

13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinale no perfil de contratante www.coruna.es.

14. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 5 de febreiro de 2016

P.D. (Decreto do 22 de xuño de 2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos