Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8721

VI. Anuncios

b) Administración local

Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, S.A. (TUSSA)

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2016 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, da contratación do servizo de limpeza da estación de autobuses de Santiago de Compostela.

1. Obxecto do contrato: servizo de limpeza da estación de autobuses de Santiago de Compostela, así como as oficinas do aparcadoiro vixiado Xoán XXIII.

2. Orzamento máximo de licitación: 170.000 euros (máis o IVE).

3. Procedemento de licitación: licitación pública por procedemento aberto.

4. Duración: dous anos.

5. Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 10.3 do prego de cláusulas administrativas.

6. Presentación de proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións nas oficinas de TUSSA (praza de Camilo Díaz Baliño, s/n (estación de autobuses), CP 15704 Santiago de Compostela-A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no DOG.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

9. Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría 1.

10. Apertura das proposicións: as datas de apertura dos sobres que conteñen os diferentes criterios de adxudicación que se valorarán nesta licitación, que terán lugar en acto público, anunciaranse cunha antelación mínima de tres días naturais ao da súa realización no perfil do contratante: www.tussa.org.

11. Documentación e demais información: nas oficinas de TUSSA. Teléfono: 981 56 82 10. Fax: 981 57 43 24. Na web da Sociedade www.tussa.org.

12. Gastos dos anuncios: o gasto derivado da publicación desta licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2016

José Ramón Mosquera Ferreiro
Director xerente da Sociedade Municipal de Xestión
do Transporte Urbano de Santiago, S.A. (TUSSA)