Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8717

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Piñor

ANUNCIO de aprobación do Plan xeral de ordenación municipal de Piñor.

En sesión plenaria do día 25 de febreiro de 2016 acordouse aprobar inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal de Piñor e suspender o outorgamento de licenzas naquelas zonas onde as novas determinacións supoñen modificación do réxime urbanístico vixente. Non obstante, poderán concederse licenzas sempre e cando se manteña a clasificación de solo e se poida dar cumprimento simultáneo ás dúas normativas.

O anterior sométese a información pública por un período de dous meses no DOG, no taboleiro de anuncios do Concello e en dous xornais, contado desde o día seguinte á última publicación, para efectos de que calquera interesado presente alegacións.

Piñor, 29 de febreiro de 2016

José Luis González Rodríguez
Alcalde