Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8716

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial do estudo de detalle do polígono 5, por Resolución 441/2016 (expediente FG número 601).

Por Resolución desta Alcaldía número 441 con data do 5 de febreiro de 2016, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle do polígono 5, rúa Curros Enríquez, Mera-Oleiros (documento nº 19332, do 15.12.15).

De conformidade co artigo 86.2 da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo de vinte días, para os efectos de presentación das alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 12 de febreiro de 2016

Ángel García Seoane
Alcalde presidente