Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8715

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de mellora do núcleo rural da Igrexa-Lores.

Dando cumprimento ao artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, faise público que o Pleno da Corporación, en sesión do 8 de febreiro de 2016, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de mellora do núcleo rural da Igrexa-Lores, redactado por iniciativa do Concello de Meaño por Urbes Gestión del Suelo, S.L. e asinado pola arquitecta Sandra Barbeito Méndez e pola avogada Beatriz Piñeiro Gondar; integrado por memoria, cartografía e anexos (estudo de sustentabilidade ambiental, resolución de non sometemento ao proceso de avaliación ambiental estratéxica, estudo de sustentabilidade económica, estudo de elementos patrimoniais, inventario de bens non catalogados e incidencias dos criterios de ordenación, convenio urbanístico, estudo do parcelario e xustificación da proposta e reportaxe fotográfica, estudo de circulación e accesos-xustificación da proposta, análise e contestación de informes sectoriais e análise e contestación de alegacións). O texto íntegro da memoria informativa e memoria xustificativa publicarase no Boletín Oficial da provincia.

Dando cumprimento ao artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, remítense dous exemplares do Plan especial de mellora do núcleo rural da Igrexa-Lores á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Meaño, 26 de febreiro de 2016

Mª Lourdes Ucha Varela
Alcaldesa