Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2016 Páx. 8632

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 881/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 881/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Santiago Rodríguez Mota contra Esabe Vigilancia, S.A., sobre ordinario, se ditou sentenza en data 10 de febreiro de 2016 co número 16/2016, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Francisco Santiago Rodríguez Mota contra Esabe Vigilancia, S.A., Forensic Solutions, S.L.P. e Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada Esabe Vigilancia, S.A. a aboarlle ao demandante a suma de 3.216,60 euros polos conceptos sinalados no fundamento xurídico cuarto desta resolución, máis o xuro do artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; así como ao pagamento dos honorarios do letrado da parte demandante ata o límite máximo de 600 euros; e debo condenar e condeno a Forensic Solutions, S.L.P., na súa soa condición de administradora concursal, a estar e pasar pola dita declaración.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial