Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2016 Páx. 8452

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (599/2015-I).

Álvaro Garrido Rodríguez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, polo presente edicto anuncio:

Neste procedemento de xuízo verbal número 599/2015, seguido por instancia de Hotel Bahía de Vigo, S.A. fronte a Activo I+D+L, S.L. se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo verbal sobre reclamación de cantidade seguidos ante este xulgado baixo o número 599 do ano 2015, por instancia de Hotel Bahía de Vigo representada pola procuradora Sra. Enríquez Naharro e asistido do letrado Sr. García Sendón e, como demandado, Activo I+D+I, en situación de rebeldía procesual, constando nas actuacións as súas circunstancias persoais.

Resolvo:

Estimar a demanda interposta por Hotel Bahía de Vigo, representada pola procuradora Sr. Enríquez Naharro e asistida do letrado Sr. García Sendón e, como demandado, Activo I+D+I, en situación de rebeldía procesual. Condeno o demandado a aboarlle á demandante a cantidade de 5.128,95 euros máis os xuros, segundo o disposto no fundamento xurídico segundo in fine e custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación».

E, encontrándose o dito demandado, Activo I+D+I, S.L., en paradoiro descoñecido, esténdese este edicto a fin de que sirva de notificación en forma.

Ourense, 18 de xaneiro de 2016

O secretario xudicial