Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 4 de marzo de 2016 Páx. 8450

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 17 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia nº 121, do 30 de xuño) convocouse concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario sanitario, diplomado e de formación profesional.

Na súa base sétima disponse que os tribunais cualificadores do concurso-oposición serán nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas; para este efecto publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 18 de febreiro de 2016 (Diario Oficial de Galicia nº 38, do 25 de febreiro) procedeuse ao nomeamento dos tribunais cualificadores.

Na antedita base sétima disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, como consecuencia da renuncia expresa dun membro titular, por circunstancias sobrevidas con posterioridade á Resolución de nomeamento do 18 de febreiro de 2016, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear novos membros, titulares e suplentes, do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermaría, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia nº 121, do 30 de xuño), nos termos que, a continuación, se indican:

Vogal titular:

Souto Souto, Elena. Persoal estatutario sanitario de formación profesional. Técnico en coidados auxiliares de enfermaría en substitución de Lozano Parejo, Felipe. Persoal estatutario sanitario de formación profesional. Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

Vogal suplente:

Romero Durán, Ramón Daniel. Persoal estatutario sanitario de formación profesional. Técnico en coidados auxiliares de enfermaría en substitución de Vilas Fernández, M.ª Reyes. Persoal estatutario sanitario de formación profesional. Técnico en coidados auxiliares de enfermaría.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos