Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8159

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1468/2015).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 1468/2015-GA

Xulgado de orixe/autos: procedemento oficio. Autoridade laboral 420/2014. Xulgado do Social número 3 de Ourense

Recorrente: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Avogado/a: letrado comunidade

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, María José Vila Cid, César Caramés Blanco, Afonso Méndez Souto, Carolina Asunción Domínguez Castro, Carmen Puente Bermúdez, Susana Crespo Maside, Gema Sanjurjo Rodríguez, Ana Belén Ambroa Roca, María Vanesa Solís Cortizas, Vicenta María Outeiro Suárez, María Cruz Buján Varela, Cristina María López Graça, Francisco Javier Fernández Mateo, Fernando Domínguez Aguiar, Patricia Beldrón Gavilanes, Manuel Decabo González, María Mar Rodríguez Prieto, María Inmaculada Campos Vaz, Ilda Vázquez Añel, Cristina Taboada Eire, Marcos Aparicio Francisco, Raúl Piñeiro Fernández, Elisa Mosquera Seoane, Alfonso Rodríguez López, María José Pardo Lemos, María Asunción Canal Covelo, Patricia Blanco Matalobos, Jesús Miguel Mosquera Focinos, María Isabel Iglesias Fernández, Ángel Juan Rajo Pazo, María Jesús Vidueiros Sánchez, Nuria Nerga Bacelar, Marta Negro Romero, Hilaria Brito Pérez, María del Pilar Pajarín González, Leopoldo Cañizo Durán

Avogados: Servizo Xurídico da Seguridade Social, Celia Pereira Porto

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1468/2015 desta sección, seguido por instancia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, María José Vila Cid, César Caramés Blanco, Afonso Méndez Souto, Carolina Asunción Domínguez Castro, Carmen Puente Bermúdez, Susana Crespo Maside, Gema Sanjurjo Rodríguez, Ana Belén Ambroa Roca, María Vanesa Solís Cortizas, Vicenta María Outeiro Suárez, María Cruz Buján Varela, Cristina María López Graça, Francisco Javier Fernández Mateo, Fernando Domínguez Aguiar, Patricia Beldrón Gavilanes, Manuel Decabo González, María Mar Rodríguez Prieto, María Inmaculada Campos Vaz, Ilda Vázquez Añel, Cristina Taboada Eire, Marcos Aparicio Francisco, Raúl Piñeiro Fernández, Elisa Mosquera Seoane, Alfonso Rodríguez López, María José Pardo Lemos, María Asunción Canal Covelo, Patricia Blanco Matalobos, Jesús Miguel Mosquera Focinos, María Isabel Iglesias Fernández, Ángel Juan Rajo Pazo, María Jesús Vidueiros Sánchez, Nuria Nerga Bacelar, Marta Negro Romero, Hilaria Brito Pérez, María del Pilar Pajarín González e Leopoldo Cañizo Durán, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da Xunta de Galicia, contra a Sentenza do 3 de setembro de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, en autos 420/2014, confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Carmen Puente Bermúdez, advírteselle á parte en ignorado paradoiro que no sucesivo se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

Expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza