Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2016 Páx. 7790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Corcubión (expediente IN407A 2015/628-1).

Expediente: IN407A 2015/628-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMTS e RBTS praza Párroco Francisco Sánchez, nº 2.

Concello: Corcubión.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 124 m, con orixe en empalmes proxectados na LMT POT-809, no tramo entre o CT Corcubión, nº 1 (expediente 52787) e o CT Corcubión Porto, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados na LMT POT-809, entre o CT Gueifar (expediente 231/2008) e o CT Urb. Quenxe, nº 1 (expediente 630/2007).

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 124 m, con orixe en empalmes proxectados na LMT POT-809, entre o CT Gueifar (expediente 231/2008) e o CT Urb. Quenxe, nº 1 (expediente 630/2007), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados na LMT POT-809, entre o CT Gueifar (expediente 231/2008) e o CT Urb. Quenxe, nº 1 (expediente 630/2007).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 1 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña