Número de expediente: IN407A 2015/568-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: alimentación á LMTS lugar de Canle-IES Carral.
Concello: Carral.
Características técnicas:
Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 639 m, con orixe en empalmes proxectados na LMTS RAL-706, no tramo entre o CT Belvís de Paleo, nº 10 (expte. 75/09) e o CT Canles (expte. 280/06), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña existente no CT Río Canles (expte. 280/06), despois de realizar entrada e saída no centro de seccionamento do IES de Carral. Vaina instalar o cliente.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 1 de febreiro de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña