De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos porque intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.
Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar este acto na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Fernández Ladreda, nº 43, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Os acto foi adoptado por quen se indica no anexo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 9 de febreiro de 2016
P.S. (Resolución do 19.11. 2015)
Mª Dolores Bazán Arcay
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Interesada |
Acto notificado |
Acto adoptado por |
PO-RES-2015/197 |
María Seijo Bargueiras |
Proposta de resolucion |
O instrutor |