Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2016 Páx. 7774

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (260/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 260/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Merced Cofán Sabas contra Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 384/2015

DOI número 260/2015

Sentenza

En Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2015

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos nº 260/2015, promovidos ante este xulgado do social sobre despedimento e reclamación de cantidade, por instancia de María Merced Cofán Sabas, representada pola procuradora Begoña Caamaño Castiñeira e asistida polo letrado Ángel Pardo de Vera, contra a Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, que non comparece. Foi citado o Fogasa, que comparece asistido e representado polo avogado do Estado Alejandro Crespi, pronunciou a seguinte sentenza.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Merced Cofán Sabas contra a Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores e, en consecuencia:

1º) Declaro a improcedencia do despedimento efectuado con efectos do 31 de xaneiro de 2015, condeno a demandada a que readmita inmediatamente a demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación a razón de 54,15 euros/día, ou ben, á súa elección, á extinción da relación laboral con aboamento dunha indemnización de 4.626,48 euros.

Esta opción deberase exercer no termo de 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

2º) Condeno a demandada a aboar ao demandante 9.447,48 euros, cantidade que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET e ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

3º) Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso segundo, da LRXS e conforme o disposto no fundamento xurídico sétimo desta resolución.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza

E para que sirva de notificación en legal forma a Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial