1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizo de manutención (xantares e ceas) para o persoal do PAC de Vigo, situado actualmente na rúa Bolivia e na rúa Ponteareas.
c) Lotes: non.
d) CPV: 55300000-3.
e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.
f) Data de publicación do anuncio de licitación: 23.12.2015.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 156.665,14 €.
5. Orzamento base da licitación:
Importe neto: 78.332,57 €. IVE (10 %): 7.833,26 €. Importe total: 86.165,83 €.
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 29.1.2016.
b) Data de formalización do contrato: 1.2.2016.
c) Contratista: Adrimial Food, S.L.
d) Importe de adxudicación/prezo unitario: 6 € sen IVE, 6,60 €/IVE incluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.
Vigo, 2 de febreiro de 2016
Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo