Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2016 Páx. 7841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2016 pola que se fai pública a formalización dun contrato de servizos, non suxeito a regulación harmonizada (expediente 6/2015/CNTSE).

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido de la Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

Servizo auxiliar para o manexo da comporta da dársena interior de Malpica de Bergantiños e dos guindastres do porto de Malpica e Caión, así como o mantemento da comporta da dársena de Malpica e dos guindastres de Malpica, Caión e Barizo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Explotación e Planificación.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Número de expediente: 6/2015/CNTSE.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23408

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: o presente contrato ten por obxecto a prestación dos servizos indicados no punto 4.1 do CCC, axustándose aos termos definidos no PPT.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 50531300; 50531400.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 13 de outubro de 2015 (modificación publicada no DOG do 3 de novembro de 2015).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria. Documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 97.960,80 euros, IVE do 21 % excluído.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 81.634 euros. Imposto sobre o valor engadido (21 %): 17.143,14 euros. Importe total: 98.777,14 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 22 de xaneiro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 15 de febreiro de 2016.

c) Contratista: Facer Instalaciones y Servicios, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 71.610 euros, IVE do 21 % excluído. Importe total: 86.648,10 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia