De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese practicar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado pola xefe do Servizo de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Unidade de Consumo de Vigo, con enderezo na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Vigo, 19 de febreiro de 2016
Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra
ANEXO
Expediente: 36R002-42-2016.
Interesado: Abilio Gervasio Martins da Costa Barbosa (Muebles Barbosa).
CIF/NIF: Y-1776686L.
Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.