Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2016 Páx. 7845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a desistencia, por mor dunha infracción non emendable, do procedemento aberto para a contratación da subministración sucesiva da pílula poscoital (expediente MI-SER1-16-009).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase a desistencia, por mor dunha infracción non emendable, do procedemento aberto anunciado pola Resolución do 22 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde (DOG número 13, do 21 de xaneiro de 2016), tramitado para a contratación da subministración sucesiva da pílula poscoital (expediente MI-SER1-16-009).

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos