Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2016 Páx. 7818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 3 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016011TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 8 de xaneiro de 2016, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2016011TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Home Of The Mambo, S.L., con NIF B27813427, como titular do establecemento Tapería Restaurante Sidrería Palladium.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non se puido efectuar, polo que mediante esta cédula se lle notifica a Home Of The Mambo, S.L. o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no numero 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no edificio administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2016

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2016011TA-PO.

Denunciada: Home Of The Mambo, S.L., con NIF B27813427, como titular do establecemento Tapería Restaurante Sidrería Palladium.

Último enderezo coñecido: avda. Alcalde Portanet núm. 23, Vigo (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

Artigo 4.

b) Situación: «As máquinas expendedoras de produtos do tabaco só poderan situarse..., así como naqueles locais a que se refiren as letras... e u) do artigo 7 (isto é, bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados), nunha localización que permita a vixilancia directa e permanente do seu uso por parte do titular do local ou dos seus traballadores (....).

Non se poderán situar nas áreas anexas ou de acceso previo aos locais, como son as zonas de cortaventos, porches, pórticos, corredores de centros comerciais, vestíbulos, distribuidores, escaleiras, soportais ou lugares similares que poidan ser parte dun inmoble pero non constitúen propiamente o interior deste».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 19.3.g) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601 €).