1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Política Social.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.
2º. Enderezo: rolda da Muralla, nº 70, baixo.
3º. Localidade e código postal: Lugo 27071.
4º. Teléfono: 982 29 41 01.
5º. Fax: 982 29 49 74.
6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es
7º. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.
d) Nº de expediente: 94/2015.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: contratación do servizo de limpeza do CAPD de Sarria (Lugo).
c) División por lotes e número de lotes: non.
d) Lugar de execución: CAPD, rúa Ánxel Rodríguez Castedo, s/n, 27600 Sarria.
e) Prazo de execución: 6 meses e 12 días.
f) Admisión de prórroga: si.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: ver prego.
4. Orzamento de licitación:
Importe neto: cincuenta e sete mil cento sesenta e sete euros con dezaseis céntimos (57.167,16 €).
IVE (21 %): doce mil cinco euros con dez céntimos (12.005,10 €).
Importe total: sesenta e nove mil cento setenta e dous euros con vinte e seis céntimos (69.172,26 €).
5. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver prego cláusulas administrativas particulares.
7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.
c) Lugar: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, nº 70, baixo, 27071 Lugo.
d) Admisión de variantes: non.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.
8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e na data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/ .
9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
Lugo, 3 de febreiro de 2016
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo