Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 29 de febreiro de 2016 Páx. 7615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de febreiro de 2016 pola que se notifica o acordo de incoación e prego de cargos do expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/160/2015, devolto polo servizo de Correos por resultaren os destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 15 de decembro de 2015, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade, por actuacións abusivas dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Camiño do Monte Gracia, San Pedro, Cesantes, termo municipal de Redondela (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo a Albino Barciela González e a Rubén Barciela Cerezo, mediante a presente cédula e, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle aos interesados o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, para alegar e presentar os documentos e informacións que xulguen convenientes e, se é o caso, propor proba mediante a que se concretan os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística