Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 29 de febreiro de 2016 Páx. 7616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de febreiro de 2016 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente COR/157/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os destinatarios ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LXJPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia aos herdeiros de José Candal Rodríguez, no expediente número COR/157/2014-RP1, en relación co recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 22 de outubro de 2015, do director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes na construción dunha piscina de formigón, no lugar de Cerdeirido, Bemantes, no termo municipal de Miño, provincia da Coruña.

O expediente mencionado atópase á disposición dos interesados nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, piso 1º, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñerán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a notificación, para presentar as alegacións que coiden procedentes.

Para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LXJPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística