Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 29 de febreiro de 2016 Páx. 7621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 18 de febreiro de 2016, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a proposta de Resolución do 25 de xaneiro de 2016 ditada no expediente sancionador AC-95/2015, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a proposta de resolución de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non se puido practicar a notificación.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días, conforme o disposto no artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (BOE núm. 159, do 9 de agosto), para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que coiden pertinentes perante o instrutor do procedemento; lembránselles o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais da Área Provincial de Turismo da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, sitos na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, A Coruña, en horario de atención ao público, e a obter, de ser o caso, as copias que consideren oportunas.

A Coruña, 18 de febreiro de 2016

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-95/2015.

Denunciado: Enrique Pazos García.

NIF: 33275972-D.

Establecemento: Entre Pipos.

Enderezo: rúa Fernando III El Santo, 2.

Localidade: Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: artigo 109.2 alínea b) da Lei 7/2011.

Proposta de resolución: 25 de xaneiro de 2016.

Sanción: multa de cento setenta e cinco euros (175 €).