Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 29 de febreiro de 2016 Páx. 7623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 18 de febreiro de 2016, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente 15R002/134/2015 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se pueidese practicar, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola xefa do Servizo de Consumo da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 18 de febreiro de 2016

Zeltia Lado Lago
Xefa do Servizo de Consumo da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/134/2015.

Interesada: Rocar Prototipos, S.L.

CIF/NIF: B15932957.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: 15R002/135/2015.

Interesada: Socoga Galicia, S.L.

CIF/NIF: B70321476.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: 15R002/142/2015.

Interesada: Mugue Novias, S.L.

CIF/NIF: B70224530.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.