Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7339

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4552/2015).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 4552/2015 MCR

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 867/2014 Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4552/2015 MCR desta Sección, seguido por instancia do Concello de Ferrol (A Coruña) contra a Xunta de Galicia, o Fogasa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Ferrol, María Benedicta Díaz López, Silvia Rodríguez Senra, Consorcio Proferias y Exposiciones de Ferrol, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Estimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do Concello de Ferrol contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, do 23 de xuño de 2015, en autos número 867/2014, que revogamos no sentido de desestimar a demanda sobre despedimento formulada por Silvia Rodríguez Senra e María Benedicta Díaz López contra a entidade recorrente e o Consorcio Proferias y Exposiciones de Ferrol, absolvemos igualmente o Concello de Ferrol da reclamación salarial efectuada pola demandantes, e confirmámola nos seus restantes pronunciamentos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de dezaseis díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os dezaseis díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Consorcio Proferias y Exposiciones de Ferrol, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza