A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador número PO-01901-O-2015 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.
Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.
Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.
No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento.
Pontevedra, 1 de febreiro de 2016
José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
Denunciado DNI/CIF Último enderezo coñecido |
Infracción denunciada Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
PO-01901-O-2015 7299-JBT Garda Civil 3601 Q92637T |
José Juan García Somozas 52500485H Pizarro, nº 8, 1 A, 36204 Vigo (Pontevedra) |
Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 3.3.2015; 16.46; AP-9; 137,5 |
Art. 142.8 LOTT |
Art. 143.1.b) LOTT |
201 euros |
PO-03656-O-2015 7124-DKJ Garda Civil 3604 C73830V |
Adis Car Iberica, S.L. B27720598 Cm. Cotobade, nº 10, Candeán 36317 Vigo (Pontevedra) |
A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos. 20.6.2015; 03.02; AP-9; 137,5 |
Art. 140.34 LOTT |
Art. 143.1.g) LOTT |
1.001 euros |
PO-03669-O-2015 C-2184-CC Garda Civil 3603 I65497Q |
Restaurante Ana Brenlla, S.L. B15239767 República Argentina, nº 9, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña) |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante. 22.6.2015; 19.05; PO-552; 5,2 |
Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT |
Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT |
801 euros |
PO-03799-S-2015 PO-4897-BN Policía Municipal 294477 |
Patricia Osorio Álvarez 36149773Y r/ Redondo, nº 40, bloque 5, 1º H 36212 Vigo (Pontevedra) |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante. 25.6.2015; 10.45; avenida Buenos Aires |
Art. 140.1 LOTT Art. 141.25 LOTT |
Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.f) LOTT |
801 euros |
PO-04107-O-2015 7924-FHF Garda Civil 3601 A91977R |
Frigoríficos Sete Pías, S.L. B36530749 Políg. Ind. Sete Pías, 24 36630 Cambados (Pontevedra) |
Realizar transporte público ao abeiro dunha autorización caducada, revocada ou que por calquer outra causa perdese a súa validez. 6.8.2015; 9.45; AG-41; 0,4 |
Art. 140.1 LOTT |
Art. 143.1.i) LOTT |
4.001 euros |
PO-04181-O-2015 9179-BPF Garda Civil 3601 P64763G |
José Juan García Somozas 52500485H Pizarro, nº 8, 1 A 36204 Vigo (Pontevedra) |
O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %. 4.5.2015; 10.56; PO-542; 5,5 |
Art. 140.23 LOTT |
Art. 143.1.h) LOTT |
4.000 euros |