A persoa titular da Servizo de Mobilidade de Pontevedra ditou a resolución dos expedientes sancionadores número PO-00052-O-2015 e outros catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.
Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.
Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva en vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
En caso de conformidade coa resolución sancionadora, la interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Pontevedra, 1 de febreiro de 2016
José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
Persoa sancionada DNI/CIF Último enderezo coñecido |
Infracción cometida Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
PO-00052-O-2015 2616-DFR Garda Civil 3603 A23980M |
Reboredo González, María Soledad 36049586F Avda. Alcalde Portanet, 23, 6º D, 36210 Vigo, Pontevedra |
Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. |
Art. 142.8 LOTT |
Art. 143.1.b) LOTT |
201 euros |
PO-00123-O-2015 PO-4839-AZ Garda Civil 3601 Q92637T |
Distribuciones Lago Villanueva, S.L. B36454585 Avda. Santa Marina, 100, 36800 Redondela, Pontevedra |
Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 14.11.2014; 07.30.00; AP-9; 137,5 |
Art. 142.8 LOTT |
Art. 143.1.b) LOTT |
201 euros |
PO-00981-O-2015 7312-BCB Garda Civil 3603 A23980M |
Cash Converti F94103231 Casal Aboy N1, 36000 Tui, Pontevedra |
Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 7.1.2015: 08.05.00; PO-552; 71,0 |
Art. 142.8 LOTT |
Art. 143.1.b) LOTT |
201 euros |
PO-01982-O-2015 5234-CNH Garda Civil 3603 U36333E |
Leotráns 3000, S.L. B70294566 R/ Simón Bolívar, 39, baixo, esquerda, 15011 Santiago de Compostela, A Coruña |
A realización de transportes públicos de mercadorías así como a contratación como carrexador ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes á notificación do inicio do expediente. 9.3.2015; 18.43.00; AP-9; 160,0 |
Art. 142.1 LOTT |
Art. 143.1.c) LOTT |
301 euros |
PO-02201-O-2015 PO-0149-BK Garda Civil 3603 A23980M |
Distribuciones Marmel, C.B. E27744614 Lugar de Torroso, 58, 36415 Mos, Pontevedra |
Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo. 21.3.2015; 15.45.00; N-555; 0,05 |
Art. 142.8 LOTT |
Art. 143.1.b) LOTT |
201 euros |