De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59 sen que esta se puidese practicar, emprázase á interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado pola xefa do Servizo de Consumo da Coruña.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, ala norte), da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 17 de febreiro de 2016
Zeltia Lado Lago
Xefa do Servizo de Consumo da Coruña
ANEXO
Expediente: 15R002/179/2015.
Interesada: Margarita Alemany Pujadas (Uvitoner Consumibles).
CIF/NIF: 40526227C.
Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.