Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de obra da infraestrutura anexa ao novo CIAE 112 Galicia para albergue e mantemento do equipamento operativo de apoio á xestión das emerxencias, cofinanciado nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53, actuación 15, mellora nas infraestruturas e equipamento de emerxencias nos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e emerxencias.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22790

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.15.OB.038.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: execución dun hangar anexo ao novo edificio do CIAE112 Galicia, destinado a albergar diverso tipo de equipamento operativo da Axega para o apoio na xestión das emerxencias e loita contra a contaminación ao ambiente, que mobilizará o CIAE 112 Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 452133151-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto atendendo a varios criterios de adxudicación.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 231.404,95 €; importe total: 280.000,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de setembro de 2015.

b) Data de formalización: 30 de setembro de 2015.

c) Adxudicataria: Vilamiño Construcciones.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 167.190,08 €; importe total: 202.300,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2016

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias