Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega das Industrias Culturais

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2016 polo que se notifica a Resolución do 10 de febreiro de 2016 do procedemento de prescrición de obrigas de exercicios pechados.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Babel de Sons, S.L., a quen non se lle puido facer por correo certificado, a resolución do procedemento de prescrición de obrigas de exercicios pechados, ditada pola Dirección da Agadic con data do 10 de febreiro de 2016. A notificación efectuarase por anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, logo da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992 o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Departamento de Xestión da Agadic, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se ter efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2016

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Interesada: Babel de Sons, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Carlos III, P. 17 baixo, 15403 Ferrol (A Coruña).

Resolución notificada: resolución de prescrición de obrigas de exercicios pechados.