Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da subministración e instalación dunha estación radio base de comunicacións móbiles dixitais, antenas e cableame conforme os estándares Tetra para o novo CIAE 112 Galicia (CIAE 112 Galicia), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21763

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.14.SU.029.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración

b) Descrición: subministración, instalación, posta en servizo e integración plena no sistema dunha estación radio base dotada con tres portadoras cas súas correspondentes antenas e sistemas de multiplexado, de 11 antenas de comunicacións co seu correspondente cableame e conexionado, todos eles conformes cos estándares Tetra, así como a instalación dunha plataforma de traballo na estrutura soporte de antenas no novo edificio do CIAE112 Galicia.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 137.000,00 €; importe total: 165.770,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12 de marzo de 2015.

b) Data de formalización: 27 de marzo 2015.

c) Adxudicatario: UTE Emte, S.L./Tradia Telecom, S.A./Electrónica Noroeste SG, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 126.285,00 €; importe total: 152.804,85 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2015

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias