En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de obras:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
c) Número de expediente: 2015016450; ref. 2363.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: de obras.
b) Descrición do obxecto: contratación das obras do proxecto de urbanización da rúa do Concello.
c) CPV: 45220000.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 16.10.2015, 22.10.2015 e 26.10.2015.
3. Trámite e procedemento de adxudicación.
a) Trámite: ordinario.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación. importe neto: 633.160,65 euros. IVE: 132.963,74 euros. Importe total: 766.124,39 euros.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 31 de decembro de 2015.
b) Data de formalización: 29 de xaneiro de 2016.
c) Contratista: Proyecon Galicia, S.A.-Marconsa, S.L., Unión Temporal de Empresas (UTE: rúa do Concello).
d) Importe de adxudicación: importe neto: 418.885,00 euros. IVE: 87.965,85 euros. Importe total: 506.850,85 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta máis barata das admitidas e ser o prezo o único criterio de adxudicación.
Ourense, 4 de febreiro de 2016
Jesús Vázquez Abad
Alcalde