Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7139

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de mantemento integral no Hospital de Verín e de soporte técnico-legal ao mantemento de varias instalacións no Hospital Comarcal de Valdeorras (expediente AB-EIO1-15-002).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Sección de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Sección de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: casetas de Administración. Planta baixa. Rúa Ramón Puga, 52-54.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Telefono: 988 38 56 91.

5º. Fax: 881 54 70 69.

6º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

d) Número do expediente: AB-EIO1-15-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento integral no Hospital de Verín e de soporte técnico-legal ao mantemento de varias instalacións no Hospital Comarcal de Valdeorras.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: ver número 2.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: 36 mensualidades.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 45261222-6, 45261400-8, 45261420-4, 45262520-2, 50532000-3, 50510000-3, 50720000-8, 50730000-1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver número 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: un millón novecentos cincuenta mil euros (1.950.000,00 €).

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: setecentos cincuenta mil euros (750.000,00 €).

b) Importe total: novecentos sete mil cincocentos euros (907.500,00 €).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe. Non obstante, ver cláusula 5.3.1, alínea f), do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: ver alíneas g) e h) da cláusula 5.3.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 28 de marzo de 2016. Se o último día de presentación de ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida no punto 1.c.3 desta resolución, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver número 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Domicilio: Edificio Santa María Nai, soto -3, rúa Ramón Puga, 56.

Localidade e código postal: Ourense 32005.

Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver número 5.6.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: ver número 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Enderezo: sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 5º andar, do Edificio Cirúrxico, rúa Ramón Puga, 52.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Data e hora: a data e hora de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil de contratante, www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver número 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 4 de febreiro de 2016.

12. Outras informacións: previamente á presentación das ofertas, os licitadores deberán visitar as instalacións en que se desenvolverá o servizo. A visita ten carácter obrigatorio e excluínte (ver cláusula 2.4.5 do PCAP).

Ourense, 4 de febreiro de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras