Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7145

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

CORRECCIÓN de erros. Anuncio de aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do polígono industrial David Ferrer Garrido e das normas subsidiarias do plan xeral.

Por acordo do Pleno do 16 de decembro de 2015 aprobouse inicialmente o proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do polígono industrial David Ferrer Garrido e das normas urbanísticas do plan xeral.

En cumprimento do disposto nos artigos 85.2 e 93.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 19, do venres 29 de xaneiro de 2016 (páxina 3504), iniciouse o trámite de información pública por prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, con dita data publicouse na páxina web do concello (www.sancibrao.es) tanto o anuncio de aprobación inicial como a documentación integrante do proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do polígono industrial David Ferrer Garrido e de las normas urbanísticas do plan xeral, para os efectos do seu debido sometemento a información pública polo prazo de dous meses indicado.

Observado un erro material en relación coa documentación integrante do referido proxecto de modificación puntual que foi publicada na páxina web do concello, consistente en non ter integrado naquela documentación publicada na web a ficha nº 32, do sector: SUR-I1, área de repartición: AR-32, de conformidade co disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese á súa corrección mediante a incorporación daquela ficha nº 32 na documentación publicada na páxina web do concello integrante do proxecto de modificación puntual del Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do polígono industrial David Ferrer Garrido e das normas urbanísticas do plan xeral, inicialmente aprobado e sometido a información pública.

Amplíase o prazo de información pública por un novo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

San Cibrao das Viñas, 19 de febreiro de 2016

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde