En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de obras:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
c) Número de expediente 434/14; ref. 2315.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: de obras.
b) Descrición do obxecto: contratación das obras do proxecto de saneamento na Besada, Santa Mariña.
c) CPV: 45232401-9.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 16.10.2015, 19.10.2015 e 26.10.2015.
3. Trámite e procedemento de adxudicación:
a) Trámite: ordinario.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: importe neto: 105.837,29 euros. IVE: 22.225,83 euros. Importe total: 128.063,12 euros.
5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 31 de decembro de 2015.
b) Data de formalización: 1 de febreiro de 2016.
c) Contratista: Construcciones y Promociones Cruzval, S.L.
d) Importe de adxudicación: importe neto: 78.531,27 euros. IVE: 16.491,57 euros. Importe total: 95.022,84 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta máis barata das admitidas e ser o prezo o único criterio de adxudicación.
Ourense, 1 de febreiro de 2016
Jesús Vázquez Abad
Alcalde