1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.
Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.
2. Obxecto do contrato.
Descrición: servizo de axuda no fogar.
Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.
Prazo de execución: dous (2) anos (prorrogables por anualidades ata un máximo de 2. Duración total do contrato incluídas as prórrogas: 4 anos).
Código CPV: 85312000-9. Servizos de asistencia social sen aloxamento.
3. Tramitación e procedemento.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación.
Sen IVE: 1.102.548,00 € IVE (4 %): 44.101,92 €. Total (IVE incluído): 1.146.649,92 €.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa; praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa e na plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia http://www.leal.gal. Teléfono: 986 09 92 00, fax: 986 50 34 27, páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.
Clasificación: non se exixe.
8. Presentación de ofertas: quince (15) días contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Lugar: plataforma de licitación electrónica da Administración local de Galicia http://www.leal.gal. Documentación: a exixida na cláusula 12 dos pregos.
Admisibilidade de variantes ou melloras: si.
9. Apertura do sobre C: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada a través da plataforma de licitación aos licitadores e publicado no perfil do contratante.
10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xere a licitación do contrato serán por conta do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula 23 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Vilagarcía de Arousa, 8 de febreiro de 2016
Alberto Varela Paz
Alcalde