Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 4 de febreiro de 2016, da Área Provincial de Ourense, pola que se lle notifica á persoa interesada a resolución de concesión de subvención do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

En cumprimento do establecido nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de que se intentase a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselle á persoa interesada, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, a resolución de concesión de subvención do Programa de axudas ao alugamento plan estatal 2013-2016.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo desta cédula, a pesoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependecias da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situadas na rúa Sáenz Díez, núm. 1, 32003 de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, pónse en coñecemento da persoa interesada que a resolución relacionada no anexo non pon fin á vía administrativa e que poderá interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes (artigos 114 e 115 da Lei 30/1192, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común) a partir do día seguinte ao da súa notificación.

A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 4 de febreiro de 2016

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 201532ALUG01018F.

Nome e apelidos: Jacobo Pérez Rodríguez.

DNI/NIE:44477095V.

Enderezo: estrada nacional 120, nº 22, 1º E.

CP: 32400.

Concello: Ribadavia.

Trámite: resolución da concesión de subvención.