Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6896

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (653/2015).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 653/2015-CON

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 443/2012 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: José Guisande González

Avogado: Guillermo Barros Arias-Castro

Procurador: Javier Garaizabal García de los Reyes

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Grisvila, S.L., Blockgandara, S.L., Marcelino Martínez Madrid, S.L., Asepeyo, Mutua de AT e EP da Seguridade Social número 151, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutual Midat Cyclops, Granitos Rúa, S.A., Degonvaz, S.L.

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social, Balbino Irisarri Castro, Luis Esteban Leyenda Martínez, Luis Manuel Rodero Díaz

Procuradora: María Fara Aguiar Boudín

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 653/2015-CON desta sección, seguido por instancia de José Guisande González contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Grisvila, S.L, Blockgandara, S.L., Marcelino Martínez Madrid, S.L., Asepeyo, Mutua de AT e EP da Seguridade Social número 151, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutual Midat Cyclops, Granitos Rúa, S.A., Degonvaz, S.L., sobre accidente de grao, foi ditada a seguinte resolución:

«Estimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de José Guisande González contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Vigo, do 3 de setembro de 2014 en autos número 443/2012, que revogamos, declaramos a súa incapacidade permanente total para a súa profesión de oficial 1ª en canteira de extracción de granito afiliado ao réxime xeral e derivada de enfermidade profesional, condenamos o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Grisvila, S.L., Granitos Rúa, S.A., Degonvaz, S.L., Marcelino Martínez, S.L., Blokgandara, S.L., Mutua MC Mutual, Mutua Asepeyo e Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo a respectar esta declaración, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo a aboar ao demandante-recorrente a prestación regulamentaria desde o 4 de febreiro de 2012 sobre unha base reguladora mensual de mil trescentos noventa e nove euros con trinta céntimos (1.399,30 €/mes).

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de dezaseis díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os dezaseis díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Blockgandara, S.L. e Grisvila, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza