Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 24 de febreiro de 2016 Páx. 6918

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (795/2015).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 795/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Bonome Ordóñez contra Setillas, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 71/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 795/2015, acumulado despedimento 1038/2015.

Demandante: Ana María Bonome Ordóñez

Letrado: Sr. Puñal Souto

Demandado: Setillas, S.L.

Fogasa.

Sentenza 71/2016.

A Coruña, 1 de febreiro de 2016.

Decisión:

1º. Teño por desistida a parte demandante da acción de resolución de relación laboral que dera lugar á tramitación do procedemento de despedimento 795/2015.

2º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Ana María Bonome Ordóñez fronte á empresa Setillas, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa indicada ao aboamento ao demandante de:

a) 4.798,84 euros, en concepto de indemnización.

b) 4.981,50 euros, en concepto de salarios de tramitación.

3º. Estimo a acción sobre reclamación de cantidade formulada por Ana María Bonome Ordóñez fronte á empresa Setillas, S.L. e, en consecuencia, condeno esta última a aboarlle á primeira a suma de 2.134,58 euros en concepto de salarios debidos, así como o 10 % de xuro de mora da dita cantidade nos termos do artigo 29.3 do ET.

4º. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e lle sirva de notificación a Setillas, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 1 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial