María Jesús Pérez Fernández, secretaria xudicial, do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, por medio do presente edicto fai saber que neste procedemento de xuízo verbal 428/2015 seguido por instancia da entidade Mercedes Benz Financial Services España EFC, S.A., fronte a Martha Liliana Estrada Arias, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:
«Xuízo verbal nº 428/2015.
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2015.
Sentenza.
Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, as presentes actuacións de xuízo verbal tramitados co número 428/2015, no cal interviñeron como demandante Mercedes Benz Financial Services España EFC, S.A., representada polo procurador dos tribunais Sr. Paz Montero e asistida pola letrada Sra. Cosmea Rodríguez, e como demandada Martha Liliana Estrada Arias en situación de rebeldía, en virtude das seguintes consideracións,
Dispoño estimar a demanda interposta por Mercedes Benz Financial Services España EFC, S.A. e, en consecuencia, condénase a Martha Liliana Estrada Arias a pagarlle á demandante a suma de 4.309,76 euros máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda, todo isto con expresa imposición de custas á demandada.
Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días a partir da súa notificación, para a súa ulterior resolución pola Audiencia Provincial, logo de depositar a suma de 50 euros.
Así o acordo, mando e asino».
Para que sirva de notificación en forma á demandada, Martha Liliana Estrada Arias, en situación de rebeldía e cuxo domicilio se descoñece, expido, selo e asino o presente edicto.
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2015
A secretaria xudicial