Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 23 de febreiro de 2016 Páx. 6646

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (754/2014).

María José Núñez Abeledo, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, polo presente, anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Flora Bertha Betancourt Aguine fronte a José Luis Viejo Gutiérrez, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

Sentenza.

Xuíza que a dita: Marina Carmen Palomo Moreno.

Lugar: Lugo.

Data: 22 de outubro de 2015.

Vistos por min, Marina Carmen Palomo Moreno, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos desta localidade, os presentes autos de divorcio contencioso nº 754/2014-M seguidos ante este xulgado, por instancia de Flora Bertha Betancourt Aguine, representada pola procuradora Sra. Corredoira Lidor e asistida polo letrado Sr. Lodos Vaquero, contra José Luis Viejo Gutiérrez, en rebeldía.

Resolvo:

Que estimando a demanda contenciosa de divorcio interposta por Flora Bertha Betancourt Aguine, representada pola procuradora Sra. Corredoira Lidor, contra José Luis Viejo Gutiérrez, en rebeldía, debo declarar e declaro a disolución por causa de divorcio do matrimonio formado polos anteriormente mencionados cónxuxes, con todos os efectos legais, o que implica a disolución do réxime económico matrimonial entre ambos. Isto sen facer especial pronunciamento respecto ás custas.

Lévese testemuño desta resolución aos autos correspondentes e o orixinal ao libro dos da súa clase.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación no termo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, para o cal se deberá ter en conta o establecido en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Unha vez firme a presente resolución, expídase testemuño para a súa anotación marxinal na inscrición de matrimonio dos ex cónxuxes no Rexistro Civil de Iruña de Oca (Araba).

Así, por esta miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E ao estar o demandado, José Luis Viejo Gutiérrez, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lugo, 3 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial