Eu, María del Carmen Fernández Matas, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, fago saber que neste órgano xudicial se tramita declaración de herdeiros 596/2011, seguido por instancia de Carmen Cal Uceira contra Antonio Cal Uceira, en que, por Resolución do 30 de abril de 2015, se acordou fixar edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia durante trinta (30) días no cal se anuncia a morte de Antonio Cal Uceira, que faleceu na localidade das Pontes de García Rodríguez o 23 de marzo de 2008.
Datos de Antonio Cal Uceira: fillo de Nicolás e de María, nado o día 8 de setembro de 1928 nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña). España.
Día da defunción: 23 de marzo de 2008.
Ferrol, 19 de outubro de 2015
A secretaria xudicial
Solicítase a remisión a este órgano xudicial dun exemplar de cada número en que se publique.
Ferrol,19 de outubro de 2015
A secretaria xudicial