Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 11 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o trámite de audiencia de diversos expedientes de reclamacións eléctricas.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, aos interesados o trámite de audiencia nos expedientes de reclamacións eléctricas que a continuación se relacionan, anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentaren ante a xefatura territorial as alegacións que consideren pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial de Ourense, rúa Curros Enríquez , nº 1, 4º.

Ourense, 11 de febreiro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

Domicilio

IN 635A 2015/170-3

Maderas Cordeiro, S.A.

r/ Alfredo Brañas, nº 9, baixo D, 32001 Ourense

IN 635A 2015/183-3

Siresa Noroeste

Avenida Alfonso Rodríguez Castelao, nº 22, 32004 Ourense

IN 635A 2015/189-3

Rosario Fernández Cardero

O Torrón, 9191, 32500 O Carballiño

IN 635A 2016/2-3

Telefónica Móviles España, S.A.

r/ Feijóo, nº 17, 28010 Madrid

IN 635A 2016/14-3

Siresa Noroeste

Avenida Alfonso Rodríguez Castelao, nº 22, 32004 Ourense