Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 11 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de diversos expedientes de reclamacións eléctricas.

Notifícase, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, aos interesados a resolución dos expedientes de reclamacións eléctricas que a continuación se relacionan, anexo, ao seren devoltos polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o devandito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

As persoas interesadas poderán comparecer na xefatura territorial, situada na rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Ourense, 11 de febreiro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doníz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Nome ou razón social

NIF/CIF

Enderezo

IN635A 2015/73-3

Kirsaurys Pamela Rojas Mejía

Y-2539984-Q

Doutor Cabaleiro, 4, baixo, 32005 Ourense

IN635A 2015/126-3

VideomapatresD, S.L.

B-32445652

Arturo Pérez Serantes, 3, baixo, 32005 Ourense