Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de acondicionamento de local e reforma parcial de local existente para oficina de emprego na avenida Fisterra-Tornos (A Coruña) (expediente 37/2015).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 37/2015.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: obras de acondicionamento de local e reforma parcial de local existente para oficina de emprego na avenida Fisterra-Tornos (A Coruña).

c) CPV: 45000000-7.

d) Tipo de fondo: para levar a cabo estas actuacións terase en conta o indicado na Orde ESS/2097/2014, do 29 de outubro, pola que se distribúen territorialmente para o exercicio económico 2014, para a súa xestión polas comunidades autónomas con competencias asumidas, subvencións do ámbito laboral financiadas con cargo aos orzamentos xerais do Estado.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 3 de xullo de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: catrocentos doce mil douscentos nove euros con trece céntimos (412.209,13 €).

5. Orzamento máximo autorizado: catrocentos doce mil douscentos nove euros con trece céntimos de euro (412.209,13 €), máis oitenta e seis mil cincocentos sesenta e tres euros con noventa e dous céntimos de euro (86.563,92 €) en concepto do imposto sobre o valor engadido (en diante, IVE) a un tipo do 21 %, o que fai un total de catrocentos noventa e oito mil setecentos setenta e tres euros con cinco céntimos de euro (498.773,05 €).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 31 de decembro de 2015.

b) Data de formalización: 19 de xaneiro de 2016.

c) Contratista: Misturas, Obras e Proxectos, S.A.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: trescentos corenta e un mil catrocentos setenta e catro euros (341.474,00 €), máis setenta e un mil setecentos nove euros con cincuenta e catro céntimos (71.709,54 €) correspondente ao 21 % do IVE, o que suma un importe total de catrocentos trece mil cento oitenta e tres euros con cincuenta e catro céntimos de euro (413.183,54 €).

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2016

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía,
Emprego e Industria