Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 22 de febreiro de 2016 Páx. 6548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 8 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de correos (expediente RA/M/2015/00096 e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

As multas deberanse facer efectivas, coa clave 390001, por calquera dos seguintes medios:

– Abanca.

– BBVA transacción 1316, NIF S1511001H.

– Santander.

– http://www.cixtec.es/conselleria

e, de non facelo así, cobráronse pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

LU-02326-O-2013

RA/M/2015/00096

6866-BVF

Garda Civil 2704 X50746J

Transportes Oza, S.L.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar.

24.10.2013; 07.12; A-6; 522,00

Art. 140.35 LOTT

1.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

DX-00054-S-2012

RA/M/2015/00118

Transport Castell Frigo Grup, S.L.

Presentación de documentos de carácter público ou privado con obxecto de xustificar fraudulentamente a carencia de follas de rexistro.

Art. 140.13 LOTT

4.601 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

XC-02068-O-2013

RA/M/2015/00123

NA-4774-AF

Garda Civil 1501 L67151K

Arias Logística y Transporte, S.L.

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non ter efectuado os documentos impresos ao inicio e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non conste no seu poder.

1.4.2013; 08.45; DP-1703; 1,60

Art. 140.22 LOTT

2.001 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

PO-02113-O-2012

RA/M/2015/00145

8001-FHN

Garda Civil 3601 Y76740V

Transportes C. Novoa e Hijos, S.L.

Non levar inserida a correspondente folla de rexistro ou tarxeta de condutor no aparato de control dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible.

13.6.2012; 08.48; N-640; 231,300

Art. 140.22 LOTT

3.301 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

XC-00423-O-2011

RA/M/2015/00207

8289-FHN / ZA-01019-R

Garda Civil 1503 W04047P

Transportes C. Novoa e Hijos, S.L.

Minoración superior ao 50 % nos períodos de descanso obrigatorio (descanso semanal).

17.1.2011; 12.11; AP-9; 25,200

Art. 140.20 LOTT

3.301 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

LU-00693-O-2010

RA/M/2015/00221

9501-GBX / CO-2164-R

Garda Civil 2704 I64330I

José Francisco López Noceda

Non levar inserido no tacógrafo a tarxeta de condutor durante a prestación do servizo ou non ter efectuado os documentos impresos ao inicio e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou no caso de que esta non conste no seu poder.

10.4.2010; 00.30; LU-541; 0,0

Art. 140.22 LOTT

2.001 €

Estimatoria parcial, revogando parcialmente a sanción imposta

LU-01208-O-2013

RA/M/2015/00227

2385-HNR

Garda Civil 2701 C30220X

Transporte Integral de Paquetería, S.A.

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a m.m.a. total en vehículos con m.m.a. ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

7.5.2013; 07.47; A-6; 517,00

Art. 140.23 LOTT

4.000 €

Inadmisión, confirmando a sanción imposta

LU-00575-O-2013

RA/M/2015/00233

8392-DFG

Garda Civil 2702 U89694K

Grupo Operador de Ttes. Pedro Ruibal, S.L.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos impresos que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea a utilizar.

8.3.2013; 11.20; A-6; 451,00

Art. 140.35 LOTT

1.001 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta