Procedencia: concello de Padrenda (Ourense).
Expediente: 403/2015.
Solicitude: delimitación do núcleo rural de Santo Antonio de Monte Redondo.
Lexislación reguladora: disposición adicional 2ª da Lei 9/2002, coa redacción que a esta lle outorgan as leis 15/2004, 6/2008 e 2/2010, en relación co artigo 13 da Lei 9/2002, todas de Galicia.
O expediente arriba indicado está en fase de tramitación e exponse a información pública por un período dun mes para os efectos de que poida ser examinado polos interesados e que estes poidan presentar as alegacións que consideren oportunas.
Este mesmo anuncio insírese –de conformidade co previsto legalmente– nos xornais La Voz de Galicia e Faro de Vigo, así como no Diario Oficial de Galicia, comezado a contar o prazo antes sinalado a partir da última publicación deste edicto.
Rematado o trámite, someterase o expediente a coñecemento do Pleno do Concello para a súa posterior elevación a aprobación definitiva polo/a secretario/a xeral de Urbanismo.
Padrenda, 27 de xaneiro de 2016
Manuel Pérez Pereira
Alcalde