Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5828

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de nomeamento por libre designación.

De conformidade coas bases específicas publicadas no BOP da Coruña do 11 de decembro de 2013, e mediante anuncio publicado no DOG do 20 de decembro de 2013, convocouse, para a súa provisión polo sistema de libre designación, o posto de traballo de xefe/a do Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística do Concello de Santiago de Compostela, que se declara deserto por Resolución do concelleiro delegado de Persoal do 15 de abril de 2014.

En virtude de Sentenza firme do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 14 de outubro de 2015, anúlase a resolución que declara deserta a provisión do posto convocado e ordénase a retroacción das actuacións administrativas ao momento da adxudicación.

En execución da sentenza ditada, e polo Decreto da concelleira delegada de Economía e Facenda, do 7 de decembro de 2015, resólvese a citada convocatoria e noméase por libre designación a funcionaria que se indica no anexo, que deberá tomar posesión do posto adxudicado de conformidade co establecido na base sexta da convocatoria.

O que se publica para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2015

P.D. (Xunta de Goberno Local do 17.6.2015)
María Rozas Pérez
Concelleira delegada de Economía e Facenda

ANEXO

Nome e apelidos: María Berta Rosón López. Documento nacional de identidade número 03436623-D. Grupo A1. Corpo ou escala: xeral. Posto de traballo: xefe/a do Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística (código RPT 4200F1128). Nivel: 28 de complemento de destino.