Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 4 de xaneiro de 2016, da Xerencia Executiva do Salnés, pola que se notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo polos servizos sanitarios prestados.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES42 0081-5363-20-0001083113 do Banco Sabadell nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula, queda supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboeiro de edictos único (TEU) do BOE.

Vilagarcía de Arousa, 4 de xaneiro de 2016

Bibiano Fernández-Arruti López
Xerente executivo do Salnés

ANEXO

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

Rodríguez García, María Gloria

076687152T

Fra.201530881

9.7.2015

919,95

Coitiño Palacio, Edith Mariela

035643264A

Fra. 201530905

15.7.2015

401,94

Abal Rey, Manuel

035429340W

Fra. 201531081

27.8.2015

738,45

Eguidazu Echavarría, María Magdalena

050717460E

Fra. 201531144

11.9.2015

361,59